martes, 30 de septiembre de 2008

A Coruña (version en gallego)


Quería escribirche unha carta graciosa, curiosa á miña entender. Xa decidira que dicir e que deixarvos escrito, a ti, á curmá Verónica, ao tío Juan, a José María, e á familia de Barcelona e Valencia? ¡ai este Vicente, mira que ir tan lonxe coas oportunidades que hai aquí no pobo!


E quería escribirvos, home, ¡pero non atopaba papel! Aí na cociña de leña tiña uns xornais e unhas revistas. Decateime así que morrera Paquirri, que pena? pobre Isabel? xa viuda e tan novo? ¡mira que nada máis se volveu a oír dela, eh!? pobre? e vaia ano? xa sabes que despois foi o do furacán Hortensia? ¡vaia medo pasei! E bo, cóntoche, que seguín buscando e así atopei un caderno dos do rapaz, que debeu deixar esquecido fai sete veráns cando estivestes a última vez en casa? mira a ver non lle faga falta, que pon catequesis para a primeira comuñón.


Tamén había un bolígrafo, pero non pintaba? Púxeno baixo o grifo pa limpalo, porque vaia como estaba, e nada? ¿que se eu?? Collín un lapicero que tiña na cómoda do teléfono e afieino coa navaja, pero me cortei e tireino de rabia ao lume? Xa sabes que teño moi mal carácter cando me corto? Xa non sabía como escribirche? Había do neno unhas pinturas, ¡pero recordei o corte e tamén foron ao lume! Dille que o sento, que xa che darei diñeiro para que lle compres outras, o pobre, non sexa que queira pintar e non poida? Xa sabes que teño todo o diñeiro dentro de fúndaa do colchón e no marco das portas da salita e da cociña? Eu dígoo, que nunca se sabe se vén a guerra hoxe ou mañá, e hai que estar preparados, que a estes franceses calquera día dáos por cortar a fronteira, tirarnos as legumbres e as froitas e queimar os coches. Co majos que son os portugueses, Virginia. ¿Como se chamaba aquel que viña vendendo toallas? Juao, Jiao, Joao, iso, Joao. ¡Que cousa tan pequena e que majo eh! Xa o dicía a túa curmá Rebeca a do italiano. Outra, ¡que non hai mozos prestos e fermosos no val que se tivo que namorar do curmán de AlBano!


Ai a vida, onde imos parar co ben que se está no val, ¡e o difícil que é ir fóra de España! Subín arriba, ao dormitorio, como che dicía, e busquei na libreta o teléfono pa chamarche, pero, ou non o apuntei ben, ou a señorita operadora enganoume e dixo que non existía o número? ¡que mentira Virginia, non me quería poñer contigo! Non sabía que facer Virginia, non sabía. Chamei outra vez e outra vez, así como cóntoche, e púxena a baixar dun burro, e vai e cólgame! ¡Non me respondía máis que o mesmo, Virginia! Esperei a que chegase a tarde para ver se había outra moza traballando na centralita, ¡pero aí que cando chamei era a mesma, filla! Ai a nai que a pasou o porto, que non debe de descansar e ten a xornada enteira e non como me dixeches unha vez de oito horas? Púxenme as madreñas, se, se, unha bufanda ao pescozo e os calcetíns que me deu o pastor, aqueles tan bonitos que che ensinei, así que fun a casa do veciño, a ver se me deixaba unha chamada, e xa sabes ti como é o Tío Carlos, que me deixou chamar, se, ¡pero a señora do teléfono tamén estaba no seu teléfono!


¡Ai que desgusto Virginia, que desgusto! ¡Porque eu quería escribirche, eh! Pasaron dous días e case non durmira pensando en como localizarche. Pero atende, que che conto, que veu o pescadero, xa sabes que lle cambio froita e peixe por chorizos da matanza, que a ver se che dou, que xa están ben ahumaos e eu non os como? Vén un día á semana e ten un teléfono deses sen cable e sen ruleta pa chamar. Que adiantos, non sé onde imos parar... di o tío Carlos que o coche que trae, que ten detrás unha gran despensa, se enchufa con gasóleo, no canto de gasolina, que risa, Virginia, gasóleo di o tío? Ai que vocabulario ten o tío Carlos, non sabe dicir gasolina? e á vez direiche que se está quedando sen pelo e díxolle o pescadero que había unhas pingas para botarse? pero o outro desconfía e di que lle irritan o caletre, e polo si ou polo non e pa espantar as meigas ponse a boina e punto. Eu dígolle que así espanta ás mozas, pero conta que irá un día á tele, á un, a ese programa de mocidade da Bóla de Cristal, e que se vai a ligar á Alaska, ¡que vaia delgada que está! ¡Que moza! Aínda que a que vexo máis de casa, máis señora é a Conchita Velasco. ¡Agora que xa hai cor na tele dá gusto vela!


A ver se chegan máis canles, que me dá noxo poñer a tele, e fai que non a poño? uhhh, ou máis? que só vexo a Un. Xa sabes que a Dúas téñoa estropeada pola antena. Aínda que bo, o tío Carlos ten mando a discreción, e cambia a televisión desde o sofá. Normal que está botando barriga? Ao meu non me gustan esas historias de hoxe en día, xa sabes, pero dáche que me marcou, dicíache do de chamarche, o número que lle dixen pa que chamase de desde ese teléfono sen cable e díxome que había que poñer un prefijo. ¡Anda! ¡Como se estiveses fóra de España Virginia, tres cifras antes do teu número! Non daba crédito filla, non daba crédito. Subín ata o pobo da estación, esa mesma mañá, Virginia, subín a coller o tren ata A Coruña. E mira que está esquecida esta estación, e xa somos pobres, que debeu caerse a ele de ?La? e aínda non a puxeron, xa sabes, os de Renfe, que son así. A Coruña, que cousas. Pero ai a miña sorpresa Virginia, ¡que cambiaron as moedas! Xa non teñen as louras coa cara de Franco! ¡Non me collían o diñeiro, nin os billetes de 100 pesetas! ¡ nin os de 100 pesetas Virginia! E non só aí, que me dixeron que en toda España usábanse loros ou ebros, ou algo así. Os céntimos se, chámanse igual, pero mos ensinou o xefe da estación e non eran como os meus.


¿Que mundo é este? ¿En que país vivimos? Díxome que non valían. ¡Ai que desgraza Virginia, que teño o colchón e os marcos das portas cheos de diñeiro! ¿Como non me dixeches nada antes? ¡Ai que desgraza, filla! ¿Que vou facer agora?


O mellor será ir verche ata Coruña aos comezos de Novembro, que logo hai que facer a matanza e así encaramos o Inverno e as neves que caian ben? ¡Ai que desgraza! ¡que apenas durmín desde entón! Quero que me contes que máis cousas cambiaron, e como vai España, porque visto que todo cambia, tampouco estará Fraga, ¿non? Ai que susto teño no corpo o meu Virginia. ¡Menos mal que teño Internet e podo escribirche esta mensaxe, se non, non sé como che localizou! Un bico.
¡Que semana Virginia, que semana!

No hay comentarios: